As fases do proxecto

Un dente perdido 00

Queremos explicarvos a importancia da colaboración entre etapas na elaboración desta aplicación. Faise atendendo aos criterios de desevolvemento psicolóxico, social e emocional do alumnado así como enmarcado dentro dos diferentes niveles curriculares. De forma moi esquemática o proceso desenvolveuse da seguinte maneira:

Crear os personaxes. Debuxo, entintado, escaneado, coloreado con photoshop. Escollen un nome para o seu personaxe. Alumnado de 1º e 2º de primaria

Crear os contos. Gravouse en audio ao alumnado de infantil inventando os contos. Usáranse diversas técnicas de dinamización e creatividade. Alumnado de infantil.

Transcrición e edición. Escoitáronse as gravacións e transcribíronse a textos cun editor de textos. Alumnado de 6º de primaria

Redacción do conto. Traballamos analizando contos en papel de diferentes editoriais tamén revisamos aplicacións de contos para android. Alumnado de 6º de primaria.

Escoller os mellores. Puxemos en marcha un proceso de selección dos mellores contos. O público potencial, alumnado de 5, 6 e 7 anos, utilizaron un sistema de votación para escoller os seus favoritos.

A viaxe máis tola - 00

Revisar e adaptar. Orientar os textos para que se adapten á necesidade que ten o conto de funcionar como narración e á idade a que van dirixidos. Alumnado de 5º de primaria

Distribuir escenas. Entre 10 e 15 escenas cada conto. O tempo de lectura non pode exceder os 10 minutos. Cada escena non terá máis de 100 caracteres. Alumnado de 6º de primaria

Debuxar os fondos. Con pincel e témpera sobre diversas superficies: cartón, madeira, papel de acuarela. Escanear e tratar dixitalmente. Alumnado de 4º de primaria

Debuxar as capas. Os mobles, paisaxes, casas, árbores e outros elementos. Alumnado de 1º e 2º de primaria.

Gravar as voces. Na aula de música, comezando por imprimir os textos, buscar as voces para os personaxes, asignar a cada alumno un personaxe, o alumnado foi técnico de gravación e planificou o calendario de gravacións. Alumnado de 3º de primaria.

Crear as músicas. Composición, interpretación e gravación da música dos contos e tons para a aplicación. Gravación de efectos sonoros. Alumnado de 6º de primaria.

Difusión dixital. Rexistrar o dominio applicateoconto.com. Crear campaña de difusión na rede, cartelería, mailing, redes sociais, etc. Alumnado da ESO

Plan de prensa. Redactar nota de prensa, facerse cos enderezos dos medios, concertar entrevistas, subir un vídeo de promoción á rede e contactar cos medios. Alumnado da ESO.

O problema de Mili 00

2 comentarios en “As fases do proxecto

  1. Felicitacións a todas as persoas que participaron neste proxecto!
    Sodes un claro exemplo de implicación e innovación no ámbito educativo.
    Aos profes dicirvos que sodes a manifestación de que, a pesar dos recortes, cun pouco de imaxinación e moitas ganas é posible facer cousar incribles.
    Aos rapaces, traballos como este deixan patente que este país ten futuro. Tedes moitísimo talento!!

    Gústame

    1. Graciñas Alejandra. Os rapaces e rapazas deste cole, así como os de todos os demais, sempre teñen máis talento do que ás veces os profes pensamos. Só é necesario poñer as ferramentas na súa man para que saian adiante proxectos tan chulos como este. 🙂

      Gústame

Deixar un comentario